HomeCulturaTwo in the Mirror nos concertos na terraza do Círculo Saviñao

Two in the Mirror nos concertos na terraza do Círculo Saviñao

O dúo formado por Noelia Álvarez e Paco Dicenta volveu ao Círculo Saviñao para participar un ano máis nos concertos na terraza de verán. Cun recital de boas música e interpretación recibiron entusiastas aplausos e felicitacións do público asistente. Próxima cita no Círculo o 4 de agosto co circuito de teatro profesional da Deputación Provincial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Two in the Mirror’ é un dúo de versións soul, pop, jazz e funk en inglés,
castelán, italiano, portugués e hebreo. Composto por Paco Dicenta (baixo
eléctrico e loops) e Noelia Álvarez (voz). O dúo formouse fai dez anos e
dende entón, debido ao bo resultado do directo e á gran acollida por parte
do público, percorreron escenarios de toda España e Portugal.

Paco Dicenta é un músico con máis de 26 anos de traxectoria, presente en
innumerables formacións de diversos xéneros musicais (jazz, soul, funk,
folk, gospel, rock), actualmente con Aretha Franklin Tribute Band, Óscar
Ibáñez & Tribo, Gnomon, Phantom Club, Banda de gaitas provincia de
Pontevedra, En Clave de Fado, Jotinhos e moitas máis.

Two in the mirror / Círculo Saviñao

Noelia Álvarez colabora con diferentes formacións dende fai 18 anos, tamén de diferentes xéneros (rock, soul, hip-hop, funk, gospel) e gravou a súa voz en diferentes traballos discográficos. Na actualidade traballa con Aretha Franklin Tribute Band, Ana Belén Rodríguez García Trio, Chow e a Dilixente Reggae Band e MCarballo Band, entre outros proxectos.

A seguinte cita no Círculo Saviñao este 4 de agosto a partir das 19.00 con Micromina Títeres.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...