HomesociedadeO Concello de Quiroga vive as súas Festas de Verán

O Concello de Quiroga vive as súas Festas de Verán

Comezaron o 4 de agosto e alongaranse ata o domingo 7, aínda que o 10 terá lugar a Mostra do Mel e esta actividade inclúese no programa festivo do concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O pasado xoves, 4 de agosto, tivo lugar a final dos campionatos ‘Street Soccer’ e ‘Street Volley” e pola noite celebrouse a Festa da Comunidade cunha gran paella e actuación musical no Parque da Constitución.

Este venres 5 de agosto, estiveron en Quiroga pola tarde “Os Bolechas Deportistas”, e pola noite ten lugar a “Festa da Xuventude” coa actuación estelar de Lucía Pérez na Praza de España ás 23:00 h. A continuación, unha discoteca móbil amenizará a zona de pubs.

Para a fin de semana, o sábado 6 chega a Quiroga unha nova actividade, a concentración de parapente “Val de Quiroga”. Este mesmo día, en sesión vermú estará na Praza Rúa Lago unha banda de música popular e pola tarde o protagonismo terano as actividades para público infantil na Praza de España: Volven o exitoso “Pinta con Xiz non Chan” e Patty Diphusa co seu espectáculo musical. Pola noite, verbena a cargo da orquestra Os Billos Spain.

O domingo 7, rematando a fin de semana de festas, pola mañá actuará o artista local Julio Ferrín ás 13:00 h. na Praza Rúa Lago e ás 19:00 h. disputarase o “Trofeo Festas de Verán” de fútbol.

Julio Ferrín / Foto da portada do seu disco
‘O Mundo do Circo’ de Troula Animación

Ás 20:00 h. un espectáculo do ciclo Cultura no Camiño que consiste nunha animación itinerante sobre o “Mundo do Circo” ambientará e amenizará as rúas de Quiroga. Ás 23:00 h. a orquestra Os Player’s poñerá o broche final aos festexos.

O 10 de agosto, coincidindo coa primeira feira do mes en Quiroga, celebrarase a XXXI Mostra de Mel. Amenizará o recinto a partir das 12:00 h. a charanga Louband de Sarria.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...