HomeCulturaArrinca o Festival dos Eidos, 3 días de música e poesía en...

Arrinca o Festival dos Eidos, 3 días de música e poesía en Folgoso do Courel

O evento do Courel abre as portas esta tarde cunha sesión dj a cargo de Sergio Canay, quen tamén poñerá música ao longo do resto das xornadas, e ofrecerá máis citas musicais con Clo Plas, The Rimbaud Company, Radio Océano, Ruper Ordorika, Dj Tristón, Xico de Cariño, Alberto Mvundi Trío e Enxeito.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este venres pola tarde arrinca a sétima edición do Festival dos Eidos, cita multidisciplinar organizada pola Fundación Uxío Novoneyra na aldea natal do poeta. Por segundo ano consecutivo, este encontro conta co apoio económico da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades para o cartel de concertos que ofrece como parte da programación que se desenvolverá ata o domingo na aldea natal do poeta courelao.

Así, o Festival do Eidos volve formar parte en 2022 da listaxe de eventos subvencionados a través da convocatoria anual de axudas a festivais profesionais de música, mediante a que se contribúe con 350.000 euros á organización de 21 citas consideradas estratéxicas tanto para o sector como para as contornas nas que se celebran.

Os recitais e demais accións arredor da poesía seguirán sendo o eixo central desta programación, na que ademais de música, haberá exposicións, audiovisuais, encontros formativos e o xa clásico roteiro de avistamento de paxaros.

O Festival dos Eidos forma parte da rede europea Litfest e, entre outros galardóns, foi premio do Público en Culturgal en 2019 e ao Mellor Festival nos Iberian Festival Awards en 2020. 

ÚLTIMAS

En Pantón xúntanse os homes este 3 de febreiro e o 5 Teatro Interxeracional

O Concello de Pantón desenvolve un Obradoiro de Teatro Interxeracional dentro das actividades do...

Este 3 de febreiro abre o prazo para solicitar a participación na XXII Feira Medieval de Monforte

As bases aprobadas este luns na Xunta de Goberno Local recollen o procedemento de...

O Porco Celta reivindícase en Sarria como motor económico do rural

A subdelegada participou na celebración da XVIII Festa do Cocido do Porco Celta, unha...

Por Chantada propón un plan para incentivar o alugueiro e garantir o acceso á vivenda

Desde o grupo lembran que o dereito a unha vivenda digna e axeitada está...