HomesociedadeEn Pantón xúntanse os homes este 3 de febreiro e o 5...

En Pantón xúntanse os homes este 3 de febreiro e o 5 Teatro Interxeracional

Este martes, 3 de febreiro, ás 20:00h celébrase unha nova cita de "Por que nos xuntamos os homes?", encontros sobre masculinidades como parte da programación do 25N. A cita na Casa da Cultura de Ferreira e segue adiante con gran interese o obradoiro de Teatro Interxeracional.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón desenvolve un Obradoiro de Teatro Interxeracional dentro das actividades do Pacto de Estado contra a violencia de xénero.

O 29 de xaneiro celebrouse un encontro das persoas interesadas en formar parte desta proposta que busca traballar a igualdade desde o teatro. Acordouse celebrar o obradoiro os primeiros e terceiros xoves de cada mes, en horario de 18:30h a 20:30h. A actividade desenvolverase en 10 sesións nas que as persoas participantes construirán unha peza curta de teatro sobre a violencia de xénero para rematar cun teatro foro, formato no que o público pode participar da obra introducindo cambios no guión.

As persoas interesadas en incorporarse aos talleres nos que coñecerán técnicas de improvisación teatral ao tempo que se aborda a violencia de xénero e estratexias para combatila, poden participar na seguinte cita que terá lugar o xoves, 5 de febreiro, na Casa da Cultura de Ferreira.

Para máis información e inscricións poden contactar cos telefonos 982456005 ext 4, 982456377  ou no correo educadorfamiliarpanton@gmail.com.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...