HomeCulturaO Círculo Saviñao pechou agosto con cine e música

O Círculo Saviñao pechou agosto con cine e música

Na sesión de Cine na Rúa proxectouse a versión dobrada en galego da comedia dramática "O noso último verán en Escocia" e Farsantes ofrecía concerto a pasada fin de semana.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O dúo “Farsantes” volveu actuar na terraza do Círculo Saviñao. O grupo
musical de Ourense formado por Toño Varela e David Quintas ofreceu un
repertorio propio e versións de grupos amigos.

Un concerto rico, atractivo e variado, cunha voz de Toño forte e melódica e coa enérxica guitarra de David, un bo dominio do escenario que socios e veciños aplaudiron, pedindo bises ata o anoitecer.

Círculo Saviñao concerto “Farsantes” / Círculo Saviñao

Na sesión de Cine na Rúa proxetouse, na travesía posterior do Círculo Saviñao, a versión dobrada en galego da comedia dramática “O noso último verán en Escocia” coa colaboración da Vicepresidencia da Deputación de Lugo- Área de Cultura.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...