HomeCulturaRestauración do muro perimetral e das pinturas do Museo Pazo de Tor

Restauración do muro perimetral e das pinturas do Museo Pazo de Tor

A intervención no edificio realizouse no muro perimetral, que dá acceso ao característico xardín-labirinto de Tor, corrixindo os desprendementos e retirando a cuberta vexetal dalgunhas zonas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O obxecto central desta restauración foi o escudo de mármore branco que ocupa a parte central do muro, que estaba visiblemente afectado pola inclemencias meteorolóxicas e unha capa de restos biolóxicos adheridos á superficie.

O tratamento conseguiu devolver o escudo á súa materialidade e facilitar a lectura dos elementos que o compoñen, identificativos das armas dos Varela –linaxe ligada á propiedade do Pazo-.

No tocante ás pinturas, realizouse unha intervención de conservación e restauración en dezaseis cadros expostos en distintas salas do Pazo, parte da colección artística que, xunto ao mobiliario e enseres domésticos, se incluíron na doazón do edificio para o patrimonio público por parte da súa última propietaria María de la Paz Taboada de Andrés e Zúñiga.

Trátase, fundamentalmente, de retratos de membros da nobreza e da xerarquía eclesiástica e iconografía relixiosa, en óleo sobre lenzo e óleo sobre cobre, datados nos séculos XVIII  e XIX, de autoría e escolas diversas. Os traballos,  encamiñados á conservación dos materiais orixinais e da información que conteñen, desenvolvéronse tanto nas pinturas como nas molduras dos cadros.

Pazo de Tor, pinturas restauradas / Vicepresidencia Deputación

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, visitou o Pazo de Tor tras os traballos de conservación que valoraba así, “as intervencións realizadas nunha das mostras máis importantes da arquitectura pacega galega, un dos poucos que se pode visitar completamente musealizado, coas estancias, o mobiliario e as coleccións artísticas. Ao longo destes anos vimos impulsando pequenas reformas e intervencións de restauración nos distintos museos de titularidade provincial para garantir a súa protección e reforzar a súa posición como espazos culturais e de coñecemento e estudo”

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...