HomeCulturaConcertos de María do Ceo en Sarria e de Rocío Caamaño en...

Concertos de María do Ceo en Sarria e de Rocío Caamaño en Monforte

María do Ceo actúa este xoves, 8 de setembro, ás 20.00 en Sarria no marco da tradicional romaría dos Remedios. Rocío Caamaño actuará na Praza de España de Monforte o día 17 de setembro, recuperando así o concerto previsto para as Patronais que tivo que suspenderse pola climatoloxía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Xunta de Galicia patrocina a actuación de María do Ceo o próximo xoves en Sarria con motivo da romaría dos Remedios. A cantante interpretará ás 19.00 horas A Fadista, Concerto de Fado e outras músicas.

O delegado territorial, Javier Arias, destaca que a Xunta está a estender a celebración do Xacobeo ao conxunto do territorio, dinamizando vilas e cidades con diferentes de propostas culturais. “Seguiremos apostando por unha programación descentralizada que chegue a toda a provincia e para todo tipo de públicos”, afirmou.

Rocío Caamaño en Monforte o día 17

O concerto de Rocio Caamaño, que formaba parte do programa das Festas Patronais deste ano, e que tivo que ser aprazado por mor da climatoloxía, xa ten nova data para a súa celebración. O concerto celebrarase o vindeiro sábado, 17 de setembro, as 11 da noite, na Praza de España.

Rocío Caamaño

“Dende o Concello cumprimos así co compromiso que adquirimos o pasado 10 de agosto, cando nos comprometimos a estudar novas datas para este concerto, motivo polo que procedemos a aprazalo. Así, o vindeiro 17 de setembro os monfortinos e monfortinas poderán disfrutar deste concerto gratuíto de Rocío Caamaño, artista da Costa da Morte”, sinalou o Alcalde.

A cantautora presentará en Monforte o seu primeiro disco, “Enbora”. A formación de música pop desta artista viaxa dende a Costa da Morte ata Monforte con aromas do mar, e algo de sabor a cidade, incorporando nese traxecto pensamentos e vivencias propias.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...