HomeCulturaVenres de blues e domingo de cine na Pobra do Brollón

Venres de blues e domingo de cine na Pobra do Brollón

Esta fin de semana A Pobra do Brollón acolle dúas citas culturais. O venres chega á súa fin o ciclo municipal de concertos de verán ‘Cos Pés na Terraza’ co músico de blues, Néstor Pardo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concerto de Néstor Pardo será este venres ás 20:30 na Cantina de Julia de Salcedo. Despois do concerto a música seguirá con sesión DJ.

Pardo, músico afincado na Coruña que con só dezanove anos liderou The Loveless Cousins. Máis tarde chegarían The Allnight Workers e finalmente Pardo, proxecto co que grava dous discos en inglés e un álbum en castelán. Co seu último traballo de estudo e coa inestimable axuda na produción de Mario Cobo, Néstor Pardo fíxose un oco importante dentro do difícil circuíto de blues. Lonxe de ser un intérprete impersoal, en cada un dos cortes de I Got to Keep Movin ́ hai unha achega íntima e orixinal.

A cita pecha ‘Cos Pés na Terraza’, ciclo de concertos de verán nas terrazas dos bares guímaros, organizado polo Concello da Pobra do Brollón.

A segunda cita é o domingo, xa que volve o Ciclo Mestre Mateo, ás 20:00 proxectarase na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón a película Cuñados. Finalista a Mellor Longametraxe na última edición dos Premios Mestre Mateo, esta “comedia criminal” está protagonizada por actores de renome como Xosé Antonio Touriñán e Miguel de Lira. A proxección enmárcase no Ciclo Mestre Mateo que impulsa a Academia Galega do Audiovisual.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...