O 19 de setembro ábrese o prazo de inscrición nas Escolas Municipais de Música e de Danza de Monforte

Para realizar a inscrición os interesados deberán dirixirse á Secretaría do Edificio Multiusos en horario de mañá entre as 10:00 e as 13:00 horas, ou en horario de tarde entre as 16:00 e as 18:00 horas. Tamén é posible a inscrición a través da sede electrónica do Concello.

As especialidades que se ofertan na escola municipal de música a partir dos 6 anos (agás música e movemento):

  • Música e Movemento (nenos entre 4 e 5 anos)
  • Percusión (batería, percusión)
  • Percusión galega (pandeireta, tamboril, bombo, pandeiro)
  • Teclado
  • Acordeón
  • Violín
  • Guitarra española, Guitarra eléctrica
  • Gaita, Clarinete, Frauta traveseira
  • Trompa, Trompeta, Trombón de varas, Tuba

En música, completarase a ensinanza instrumental con clases de linguaxe musical, así como participación en grupos colectivos que se organicen na Escola.

Especialidades ofertadas na escola municipal de danza:

  • Danza tradicional galega (a partir de 5 anos)
  • Danza contemporánea / moderna (a partir de 9 anos)
  • Ballet clásico (a partir de 5 anos)

As clases de danza contarán cunha didáctica máis académica centrada nas técnicas do desenvolvemento da estabilidade, a rotación, a liña, a expresión…, atendendo ós principios básicos imprescindibles para unha correcta aprendizaxe. Levarase a cabo unha orientación, si é o caso, cara un ensino de carácter profesional cando as aptitudes e a vocación do alumno/a así o aconsellen. Formaranse así grupos colectivos por niveis e idade nas 3 modalidades de danza.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here