HomeCulturaAs Cores do Outono esta fin de semana na Pobra do Brollón

As Cores do Outono esta fin de semana na Pobra do Brollón

O festival As Cores do Outono, organizado polo Concello da Pobra do Brollón, celebra dende hai xa oito anos o inicio da estación outonal con propostas ligadas ás músicas de raíz galegas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cita xira arredor dos concertos no escenario da área recreativa de Samugueiros o sábado pola noite a partir das 21:00. Este ano, o cartel está encabezado por tres formacións totalmente femininas. Tocarán o dúo Caamaño&Ameixeiras – Premio Martín Códax da Música 2021 na categoría folk –; a agrupación Leilía – formación pioneira na música tradicional de Galicia –; e a agrupación Habelas Hainas, que leva xa máis de 10 anos en activo cun potente e orixinal directo.  

O sábado de festival, ademais dos concertos da noite, haberá un vermú poético-musical ás 13:00 na Praza da Peza, coa participación das poetas Noa Moreira, Nuria Erre Pe, Esme Quiroga e Leti Breijo. No eido musical, participarán Nuncy Valcárcel e Habelas Hainas.

Sábado pola tarde, Montse Rivera, compoñente de Leilía, ofrecerá un obradoiro de baile tradicional na Casa da Cultura ás 16:30. Para participar hai que anotarse no teléfono 650 624 828.

Ao longo da tarde-noite do sábado, como é costume haberá na área Samugueiros barra e postos de artesanía e comida.  

O domingo, como todos os días 25 na Pobra do Brollón, haberá feira con postos de polbo e Mercado Circular, unha nova iniciativa municipal para apoiar o consumo local e sostible. Como excepción, o mercado celebrarase na área recreativa Samugueiros, onde ao mediodía o público poderá gozar do espectáculo de circo de rúa ‘C’est pas possible’ da compañía Sempre Arriba. O acceso a toda a programación de As Cores do Outono é de balde.

ÚLTIMAS

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...

Magosto-pancetada e teatro para a fin de semana en Pantón

Despois de celebrar con grande éxito o Samaín a pasada semana, o vindeiro sábado,...