HomeComarca de SarriaSarriaFiz Vergara Vilariño e Álvaro Cunqueiro da man no Camiño Francés

Fiz Vergara Vilariño e Álvaro Cunqueiro da man no Camiño Francés

Esta fin de semana cun acto literario, con relatorios, poesía e música, dedicado ao poeta Fiz Vergara Vilariño púxose fin ás xornadas “Camiños e Cantares nos eidos da bremanza: Unha Peregrinación literaria, cantada e falada” organizadas Asociación de Periodistas e Estudosos do Camiño de Santiago (APECSA).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As xornadas comezaban o pasado 15 de xullo no Cebreiro e fixeron paradas en Triacastela e Samos, lembrando o “60 aniversario da viaxe do periodista e escritor Álvaro Cunqueiro ao Cebreiro”  e o “25 cabodano do poeta, Fiz Vergara Vilariño (Santalla de Lóuzara, 15/4/1953 – 18/7/1997)”.

O presidente da Asociación organizadora, Xosé María García Palmeiro, e o coordinador das xornadas, o xornalista  Luís Celeiro Álvarez, destacaron a colaboración das entidades culturais e de amigos do Camiño de Santiago que se uniron a este proxecto de APECSA.

“Camiños e Cantares nos eidos da bremanza” incluiu catro xornadas, nos catro primeiros concellos galegos do Camiño Francés, Pedrafita do Cebreiro, Triacastela, Samos e Sarria, para facer difusión e recoñecemento dos valores culturais do Camiño neste ámbito territorial, a partires da exaltación de dúas figuras ilustres das que se celebran senllas efemérides neste 2022: Os 25 anos do pasamento do poeta da Lóuzara xabreira, Fiz Vergara Vilariño, e a viaxe contada hai 60 anos xustos do escritor e periodista mindoniense, Álvaro Cunqueiro, pola rota que vai do Cebreiro a Compostela.

No acto celebrado en Sarria, despois da conferencia do profesor, Alonso Montero, interviron os poetas Maria Campos e Xosé Luís Mosquera, e os estudantes dos IES Gregorio Fernández e Xograr Afonso Gómez, Marc Toirán Pérez, Eva González Parada, Lúa Celeiro Augusta, Daniel Alvaredo López.

O coordinador das xornadas, o xornalista, Luís Celeiro destacou os méritos poéticos de Fiz Vergara, a contribución desinteresada do mestre Xesús Alonso Montero, das asociacións culturais da comarca, da familia do poeta homenaxeado, dos concellos da comarca.

O acto, ao que asistiron máis dun cento de persoas, rematou coa interpretación, por parte do coro Sarricanta, dunha obra musical baseada no poema do Fiz Vergara Vilariño  “Que lonxe estás, amiga!”, con arranxos musicais do seu amigo Cosme Pombo, gaiteiro das terras do Incio.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...