HomeCulturaAlumnos de Monforte, O Saviñao e Sarria participan na English Week

Alumnos de Monforte, O Saviñao e Sarria participan na English Week

A Consellería de Educación promove, con este programa, a aprendizaxe do inglés en estudantes de 6º de primaria e de todos os niveis da ESO en nove centros de ensino da provincia da provincia, tres deles na zona sur.

Publicado o

- Advertisement -

Este outono os estudantes de 1º da ESO do CPR La Merced de Sarria, 2º da ESO do IES Río Cabe de Monforte de Lemos  e 6º de primaria do CPI Doutor López Suárez do Saviñao teñen a oportunidade de participar na English Week, organizada pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. O programa supón a estadía dunha semana para aprender inglés no centro de inmersión lingüística dos Peares (Ourense), o único de España dedicado en exclusiva a esa finalidade.

Este proxecto de estadías semanais está enmarcado dentro da Estratexia Galega de Linguas Estranxeiras, EDUlingüe 2020. As estadías son de balde para as familias, asumindo a Consellería o custe dos gastos de docencia e material escolar, mantemento e aloxamento dos rapaces, contratación dos monitores que os acompañan, actividades culturais, complementarias e deportivas dos cursos, certificados e seguros correspondentes.

Os estudantes pasarán unha semana nun campamento con profesores e monitores nativos en inglés, onde compaxinarán as actividades formativas con outras de carácter lúdico. O obxectivo principal é proporcionar aos escolares unha actividade de inmersión lingüística que lles permita mellorar as súas destrezas de comprensión e expresión oral en lingua inglesa. Para iso, organízanse tanto actividades académicas coma outras de tempo libre e obradoiros, promovendo a comunicación en lingua inglesa entre os participantes. 

Para a selección dos centros participantes establécense unha serie de requisitos entre os que priman cuestións como os ámbitos rurais ou os contornos socioeconómicos menos favorecidos.

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...