HomeCultura"Observacións sobre o cultivo da vide na Galiza" preséntase o 28 de...

“Observacións sobre o cultivo da vide na Galiza” preséntase o 28 de outubro en Monforte

A Libraría da Proencia presenta a reedición traducida ao galego da obra de 1843 Observaciones sobre el cultivo de la vid en Galicia de Antonio Casares, Catedrático de Química e de Historia Natural. Unha das presentacións desenvolveuse en Sober e a seguinte será o 28 de outubro no Centro do Viño da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A presentación no Centro do Viño da Ribeira Sacra (Concello de Monforte) será o venres, 28 de outubro, ás 19 horas, e rematará cunha cata de viños da variedade Albarello.

Esta edición en galego é tradución de Xesús Verao Pérez, profesor xubilado de Lingua Galega e viticultor, e conta cunha introdución de Mª Luisa Losada Sanmartín, historiadora da ciencia, colaboradora do Grupo de Física No Lineal da USC. Ambas persoas intervirán nas presentacións do libro, contando, ademais, con Alfonso Campos, José María Lago e Javier Vivirido, persoas responsables da promoción desta reedición.

O libro xa está a venda na Libraría da Proencia dende agosto e está tamén dispoñible en librarías de Monforte. Inclúe na cuberta e contra unha fotografía dun retablo do século XVIII da igrexa de San Vicente de Pinol (Sober) no que se representa a uva Albarello (oficialmente Brancellao), “a máis abundante na Galiza” na época que escribe Antonio Casares.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...