HomeCulturaCongreso Internacional: VII Conde de Lemos no IV Centenario da súa morte...

Congreso Internacional: VII Conde de Lemos no IV Centenario da súa morte (1622-2022)

Este importante encontro internacional aborda a través de investigadores e especialistas no VII Conde de Lemos diversos aspectos relativos ó legado deixado por este nobre en Galicia e Monforte, así como a súa importancia dentro da historia de España. Os actos desenvólvense na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro desde este mércores ata mañá, 21 de outubro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O rexedor monfortino inaugurou as xornadas nun acto no que estivo acompañado pola Catedrática en Historia, especialista no VIIConde de Lemos e presidenta do comité organizador deste congreso,  a monfortina Manuela Sáez González, a Directora do Centro Asociado á UNED en Lugo, Ana Belén Traseira Pena e a Profesora titular do Departamento de Historia da Arte da UNED, Diana Carrió Invernizzi.

O Alcalde deu a benvida ós poñentes e asistentes, provintes de toda Galicia, así como diversos puntos de España e Italia e destacou a importancia deste encontro académico “que sen dúbida aportará novos datos históricos arredor dunha das figuras máis sobresaíntes da Idade Moderna en Galicia, e que serve ademais para conmemorar o 400 aniversario da morte de Don Pedro, que exactamente se cumpre hoxe, pois foi o 19 de outubro de 1622 cando o Conde faleceu no seu palacio de Madrid.”

Importancia do VII Conde de Lemos Monforte

O VII Conde de Lemos foi dos principais nobres da súa época en Galicia e España. Grande de España, vicerrei de Nápoles, presidente do Consello Supremo de Italia e alguacil maior do Reino de Galicia, foron só algúns dos seus cargos. Destacou polas súas cualidades como estadista, como intelectual e mecenas, consolidando a tradición na familia dos Castro, honrada tamén polo seu tío, o Cardeal Rodrigo de Castro. Respaldou á comunidade das Clarisas, á que a súa viúva, Dª Catalina de la Cerda y Sandoval, lle construíu logo da súa morte un novo convento. Converteu o palacio condal nunha sorte de museo e academia literaria, onde se podían apreciar as súas coleccións de arte, perdidas no incendio de 1672, e debater sobre cultura.

“Sen dúbida”, subliñou o Alcalde, “o carácter monumental de Monforte e a súa importancia na historia de Galicia non terían acadado a mesma relevancia sen a súa figura”.

Xunto coa súa formidable carreira pública, Pedro Fernández de Castro foi un home dunha vasta cultura. Foi xeneroso mecenas da ciencia, da arte, da música ou do teatro, foi protector dun bo número de grandes escritores do Século de Ouro, como Cervantes (quen adicou ó Conde a segunda parte do Quijote), Lope de Vega, Luis de Góngora (quen adicou un fermoso soneto a Monforte de Lemos) ou ós irmáns Argensola.

A través de múltiples cartas, poemas e dedicatorias, é posible comprobar o aprecio que toda a elite intelectual sentía cara ó Conde. Estes escritos revelan unha forte amizade entre eles, que transcendía a pura relación entre mecenas e artista. Tamén foi coleccionista de criterio e autor de obras de sátira política. Súa é a imaxe que identifica ó pobo galego cun buho sabio que fala coas outras aves que representan ós reinos de España.

O congreso péchase mañá coa seguinte programación:

  • 10:00-11:00 h. El Archivo de los Lemos en la casa de Alba. Dr. José Manuel Calderón Ortega. Director del Archivo de la Casa de Alba
  • 11.30-13:00 h. Mesa redonda. Modera: Dra. Manuela Sáez González.
    Dr. Joan Bosch Ballbona, Profesor titular Historia del Arte Moderno. Universidad de Girona
    Dra. Diana Carrió Invernizzi, Profesora titular departamento Historia del Arte Edad Moderna UNED.
    Dra .Ida Mauro, Profesora agregada de Historia Moderna en el departamento de Historia y Arqueología. Universidad de Barcelona.
  • 13:00-13:30 h. Clausura.

ÚLTIMAS

A técnica do Esgrafiado no Censo do Patrimonio Cultural de Galicia

Nesta semana publicábase no Diario Oficial de Galicia, esta técnica tradicional de albanelaría que...

“A cantiga máis longa” este 24 de novembro na igrexa de San Pedro de Bembibre en Taboada

A interpretación vocal de Paloma Gutiérrez del Arroyo e a instrumental de Manuel Vilas,...

Contacontos teatralizado de igualdade este 24 de novembro na casa da cultura de Monforte

O Concello de Monforte, a través da Concellaría de Muller e Igualdade, organiza para...

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...