HomeCulturaO IES A Pinguela en Berlín e nas Clarisas de Monforte

O IES A Pinguela en Berlín e nas Clarisas de Monforte

Alumnado dos ciclos superiores de Administración e Finanzas e de Asistencia á Dirección do IES A Pinguela veñen de asistir á feira de emprendemento Degut que se celebrou no Arena Berlín, e en 2º de Bacharelato Humanidades con Arte visitan o Museo de Arte Sacro das Clarisas de Monforte coa historiadora, Manuela Sáez como guía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na feira internacional de Berlín para emprendedores mozos, os alumnos aproveitaron o tempo libre para coñecer distintos lugares de interese da capital alemana, como a Porta de Brandenburgo, o Parlamento alemán (Reichtag), o monumento memorial ós xudeos asasinados de Europa creado polo arquitecto Peter Eisenman, monumento á Victoria, Illa dos Museos, o tramo máis longo do muro de Berlín no East Side Gallery, o mítico Checkpoint Charlie, a catedral berlinesa, a Fernsehturm (Torre de Televisión, o edificio máis alto de Europa), a Gendarmenmarkt… así como o Campo de Concentración de Sachsenhausen, un dos máis importantes da Alemania Nazi , e un monumento conmemorativo ós soldados soviéticos en Treptower Park.

“Unha viaxe de interese para o fomento do emprendemento e a formación
económica, histórica e cultural do alumnado dos ciclos superiores da familia Administrativa”, sinalan desde o centro. Ao respecto da visita guiada coa historiadora, Manuela Sáez, ao Museo das Clarisas, destacan desde o IES, “Un luxo que agradecemos pola formación que aporta ós estudiantes e profesores e que estamos seguros será inolvidable para todos. Este museo de arte sacra, un dos máis importantes de Galicia, ocupa lgunhas salas do convento de Santa Clara de Monforte de Lemos, fundado en 1622 por Catalina de la Cerda y Sandoval, muller de Pedro Fernández de Castro, VII Conde de Lemos, que cando quedou viúva colleu os hábitos no dito mosteiro.”

Visita Museo das Clarisas / IES A Pinguela

A exposición alberga a colección máis importante de arte italiana do primeiro terzo do século XVII en Galicia. Desenvólvese en cinco salas nas que se expoñen magníficas pezas de pintura, escultura, pratería, marfil, téxtil, etc. adquirida polos condes durante a súa estancia en Nápoles e incrementada por importantes obras adquiridas en España. Entre as pezas máis destacadas destacan as esculturas do obradoiro de Gregorio Fernández, expoñente da Escola Castelá do século XVII, como o Cristo xacente nunha urna procesional, e dúas inmaculadas. Tamén teñen especial relevancia as pezas de ourivería do Renacemento italiano do século XVII, así como os relicarios das escolas italiana e castelá ou os bordados en seda das pezas de adorno e indumentaria litúrxica e de imaxe, probablemente procedentes dun monacal obradoiro do século XVII.

ÚLTIMAS

O Cineclub Ateneo de Monforte propón cine e música para celebrar o 1º de maio

O Cineclub Ateneo organiza unha programación especial para este primeiro de maio. Ás 20:00h...

Tres día de Feira do Viño en Vilachá de Salvadur para a ponte de maio

Unha nova edición da Feira do Viño de Vilachá celébrase na ponte de maio...

Comezan as obras de mellora na estrada LU-P-4905 entre Portomarín e Taboada

Esta actuación céntrase nos primeiros 10,5 quilómetros da vía, ao seu paso polo termo...

Yoraxi Melean, adestradora venezolana de Monforte, medalla ao Mérito Deportivo

Dende o Clube Voleibol Ribeira Sacra felicitan a Yoraxi Melean pola medalla ao Mérito...