HomeCulturaIsabel Rodríguez felicita ao persoal da Biblioteca de Sober polo Premio María...

Isabel Rodríguez felicita ao persoal da Biblioteca de Sober polo Premio María Moliner

"Sodes un exemplo de compromiso co rural e a súa veciñanza, incentivando e fomentando a lectura nun municipio pequeno, con 2.200 habitantes, onde é máis difícil o acceso á literatura", destacou Rodríguez. A Biblioteca de Sober é un dos 370 proxectos premiados e a única da provincia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, felicitou este xoves ás traballadoras da Biblioteca pública de Sober polo seu intenso traballo na promoción da lectura nos veciños e veciñas que residen no Concello, tras ser recoñecida co Premio María Moliner que concede o Ministerio de Cultura e Deporte. Fíxoo durante unha visita, acompañada do alcalde, Luis Fernández, e das traballadoras, Julia Fernández e Dunia Rodríguez, para coñecer de primeira man o traballo diario destas profesionais.

Isabel Rodríguez puxo en valor o labor do persoal da biblioteca soberina para desenvolver unha programación de actividades atractiva para a veciñanza, promovendo novos hábitos de lectura nos nenos e nenas e nas persoas maiores do municipio.  Así, explicou que a biblioteca está a levar a cabo o proxecto “Sober coa lectura 2022” co que se realizan iniciativas dirixidas aos máis novos, con idades de entre 4 e 12 anos, como as merendas con contos ou os obradoiros de lecturas temáticas; e actividades pensadas nas persoas maiores, con obradoiros de memoria e cun club de lectura, entre outras moitas.

Neste senso, a subdelegada avanzou que este recoñecemento do Goberno vai acompañado dunha achega económica de 2.777 euros destinada á compra de libros para ampliar o catálogo do centro. “Queremos que sigades con esta liña de traballo para acadar un dos obxectivos deste programa: achegar a literatura e a cultura a calquera persoa, independentemente de onde resida”, apuntou.

Os Premios María Moliner, que organiza o Ministerio de Cultura e Deporte coa colaboración da Federación Española de Municipios e Provincias, son un concurso dirixido aos municipios de menos de 50.000 habitantes, a través da cal se premian os mellores proxectos ou actividades de dinamización lectora desenvolvidas nas súas bibliotecas, co obxectivo de fomentar a lectura entre todos os colectivos sociais, especialmente entre nenos e novos, que constitúen.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...