HomeCulturaQueres axudar a dar a coñecer a figura da Apalpadora?

Queres axudar a dar a coñecer a figura da Apalpadora?

Antía Vázquez e André impulsan un crowdfunding para acadar financiamento de cara a editar e publicar un conto infantil e un cancioneiro que conta a historia e traxectoria da Apalpadora.

Publicado o

- Advertisement -

“Dende hai moitos anos Antía e André viaxan pola nosa Terra achegando un Nadal distinto para as crianzas a través dun conta contos musicado. Un Nadal onde a Apalpadora, unha figura clave da nosa cultura, xorde para transmitir valores como o respeto pola nosa terra, o coidado das nosas costumes e a importancia dunha alimentación sa e sostible”, así se presenta esta proposta colaborativa para seguir promovendo a figura da Apalpadora en Galicia.

“A Apalpadora” é a personaxe do Nadal da chantadina Antía Vázquez, profesional do ámbito educativo e lúdico infantil, fundadora tamén da empresa de animación infantil Velaísca. A iniciativa artística, que naceu no 2017 como espectáculo musical infantil, leva estes anos xirando e percorrendo todas as vilas de Galicia. Xunto a ela está André, compositor especializado en medios audiovisuais, intérprete e docente.

A Apalpadora. Foto: Antía

Pois ben, neste 2022 deciden dar un paso máis, editar e publicar un conto infantil e un cancioneiro que contan a súa historia, o camiño da Apalpadora. 

Para acadar o obxectivo, que está cuantificado en 6.000 euros, impulsan un crowfunding ao que lle quedan 19 días para poder alcanzar a meta proposta. Daquela, convidan á xente a unirse neste proxecto e facer achegas que o fagan posible. Entre as recompensas que se poden obter está, como non, o conto e o cancioneiro, pero tamén a actuación da Apalpadora, postais de Nadal ou unha bolsa de tea.

Unha das postais que se entregarán como recompensa

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...