HomeCulturaFin de semana de teatro en Quiroga e Sarria

Fin de semana de teatro en Quiroga e Sarria

As dúas localidades programan espectáculos teatrais moi interesantes en horario de tarde na xornada do domingo.

Publicado o

- Advertisement -

En Quiroga, e dentro da programación do San Martiño 2023, representarase o domingo 13 de novembro a obra teatral “As alumnas” no Auditorio Municipal a partir das seis da tarde. Trátase dun  espectáculo dirixido por Fina Calleja, con texto de Paula Carballeira, e con Anabell Gago e Mónica Camaño no elenco.

Dirixido a un público adulto, trata sobre a figura da pedagoga galega María Barbeito e sobre como o franquismo significou un enorme retroceso na educación do Estado, especialmente para as mulleres. A educación, peza fundamental no desenvolvemento e na liberdade das persoas, especialmente das mulleres, é o eixo fundamental da obra. As dúas personaxes femininas representan dous casos concretos de mulleres no marco histórico anterior e posterior á Guerra Civil, que nos levan a tocar as transformacións sociais do momento.

SINOPSE

Elvira Fontao e Rosa Lires, antigas alumnas de María Barbeito, volven atoparse na data da morte da mestra, no ano 1970. Xa son mulleres. Atrás queda a infancia, o mundo que lles abriu a mestra antes de que o Comité de Depuración a afastase do seu traballo na escola. Porén, son as dúas únicas alumnas que lle escribiron cartas contándolle o que foi das súas vidas. A través desas cartas, e da reconstrución daqueles tempos nos que eran as mellores amigas, iremos descubrindo como as decisións marcan o destino de cadaquén, e o medo, e a rebeldía.

Este mesmo domingo, ás 19:30 h. a Casa da Cultura de Sarria, acolle o espectáculo teatral “GET BACK“, dentro do Ciclo de Teatro Amador de FEGATEA  (Federación Galega de Teatro Afeccionado). Esta obra chega da man da compañía Porta Aberta.

Esta peza amósase como un feito casual, anecdótico, pode influír nas vidas dunhas persoas ata mudalas por completo. Escrita nun xénero de realismo social con tinguiduras cómicas, Porta Aberta quere tratar distintos temas que seguen en actualidade no día de hoxe.

SINOPSE

Ambientada no Londres do século XXI, peza transcorre no vagón dun metro onde cinco persoas quedan atrapadas, a raíz da parada temporal da liña Bakerloo por unha avaría e aos poucos vaise descubrindo como deriva “nunha viaxe ao pasado dos personaxes. Unha mirada no seu interior a situacións que desexan cambiar pero non o conseguían”. Deste xeito, o destino permite aos protagonistas que poidan rectificar os erros dos seus respectivos pasados.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...