HomeCultura'A maxia das Pedras': exposición na Librería Pelayo de Monforte

‘A maxia das Pedras’: exposición na Librería Pelayo de Monforte

Unha mostra de 'Petropictos' do artista Xesús A, Parada poderanse ver dende este 18 de novembro e ata o 8 de xaneiro de 2023.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Librería Pelayo de Monforte segue a apoiar ao sector cultural, nesta ocasión acollendo unha exposición de petropictos de pequenas dimensións do artista plástico Xesús A. Parada.

A inauguración desta mostra de pintura en pedras é este venres 18 ás 17:30 h. e poderase ver ata o 8 de xaneiro de 2023.

Os petropictos son pedras pintadas sen alterar a súa forma orixinal, conservando ese carácter máxico que os antigos castrexos lles atribuían pois “gardan algo do espírito divino que as creou”. Son unhas 30 pezas realizadas en pedras pizarras, calcarias, xistos e algunha de río.

Realizadas con pintura acrílica e metálica, nelas a paisaxe do Courel está presente e tamén hai imaxes oníricas.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...