HomeCulturaCircular polo Saviñao IV, 60 anos do Círculo Saviñao

Circular polo Saviñao IV, 60 anos do Círculo Saviñao

Todos os socios do Círculo Saviñao recibirán gratuitamente un exemplar. Circular polo Saviñao IV continúa na liña dos números I, II e III e é o primeiro que se edita en cor.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Círculo Saviñao acolleu a presentación do libro Circular polo Saviñao IV, publicación coa que conmemoran o seu 60 aniversario”. A presentación estivo a cargo de Valentín García, Director Xeral de Política Lingüística; Juan Carlos Armesto, Alcalde do Saviñao; Olga Novo, colaboradora e Premio Nacional de Poesía 2020, que recitou o seu poema ” A matanza dos porcos e a pequena Pitia”; e Enrique Sampil, presidente desta sociedade.

A publicación conta con numerosos e importantes colaboradores e amigos que participan con distintos artigos sobre arte, xentes, historia, etimoloxía, patrimonio… do concello e sobre as peculiaridades que fan especial a Ribeira Sacra e o rural destas terras de Lemos. Por exemplo, colabora en Circular polo Saviñao IV, Román Rodríguez, Conselleiro de Culrura, Educación, FP e Universidades., co artigo, Círculo Saviñao, 60 anos dun referente cultural da Ribeira Sacra.

A portada é do fotógrafo, Javier López Jordán e o deseño gráfico de Dolores
Carretero. Poderase conseguir no Círculo Saviñao e en librerías de Escairón e Monforte de Lemos.

Circular polo Saviñao IV presentación / Círculo Saviñao

ÚLTIMAS

Castro Caldelas convértese no epicentro da cultura galega

O acto de celebración dos 798 anos do Foro do Bo Burgo comezará ás...

Daniel Areán: “A última vez que contei as medallas tiña 203”

Falamos con Daniel Areán Grejs, un mozo da parroquia de San Mamede, no Concello...

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...