HomeCulturaA exposición fotográfica Destino, do monfortino Manuel Valcárcel, no Pazo de San...

A exposición fotográfica Destino, do monfortino Manuel Valcárcel, no Pazo de San Marcos

Destino é un proxecto que Manuel Valcárcel comezou en 2016 e no que realiza unha peregrinación interior por catro continentes no que vai unindo historias ligadas polo destino das eleccións do ser humano.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, inaugurou este xoves no Pazo de San Marcos a exposición fotográfica Destino, de Manuel Valcárcel, que se poderá ver nos corredores da planta baixa do edificio provincial ata o 31 de xaneiro de 2023. No acto estivo acompañado polo artista monfortino e a Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto. A exposición divídese en cinco viaxes, que van en orden cronolóxico: O Tíbet, O Senegal, México, La Casa de los Dioses (León) e Galicia. Na institución provincial poden visitarse as dúas últimas paradas da viaxe.

José Tomé destacou de Valcárcel que é unha persoa que “mantén o arraigo á súa terra e á súa cultura, e aprovéitao para intentar comprender mellor outras paisaxes e outras xentes”. Esta exposición conta con trinta fotografías nas que se retratan cinco viaxes en orde cronolóxica, “é o resumen dunha peregrinaxe feita polo autor, pero tamén unha invitación a viaxar con el polo mundo adiante a través das súas fotografías”, apuntou.

“Penso que Manuel Valcárcel está a xogar con gran intelixencia as cartas de creatividade e talento que o destino lle outorgou”, asegurou o Presidente, ao tempo que celebrou a oportunidade de “divulgar esta fantástica mostra entre os lucenses e entre todas as persoas que se acheguen ao Pazo de San Marcos”. Reafirmou o compromiso da Deputación coa difusión da cultura e do talento lucense a través de axudas, de acordos de colaboración ou de respaldo ao audiovisual.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...