HomeCulturaConcursos de Nadal en Quiroga e na Pobra do Brollón

Concursos de Nadal en Quiroga e na Pobra do Brollón

O Concello de Quiroga e da Pobra do Brollón animan á participación creativa da rapazada con concursos de postais e de poesía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Quiroga ten en marcha un ‘Concurso de postais de Nadal’  no que poden participar nenos e nenas de 3 a 12 anos e diferenciando cinco categorías: de 3 e 4 anos, de 5 e 6, de 7 e 8, de 9 e 10, e de 11 e 12.

O tamaño da postal será de medio folio e o prazo de presentación dos traballos na Casa da Cultura –cos datos do autor/autora dentro dun sobre– remata o 16 de decembro.

A entrega de premios, que serán sorpresa segundo comunica o Concello de Quiroga, comunicarase persoalmente aos gañadores e/ou gañadoras.

Así mesmo, a Biblioteca Pública Municipal de Quiroga organiza un ‘Certame de Poesía Infantil de Nadal’ dirixido a rapaces ata 16 anos, sendo tres as categorías que se contemplan: ata 8 anos, de 9 a 11, e de 12 a 16. Poderán presentarse varios traballos en galego cunha extensión máxima dun folio.

Os traballos poden presentarse a man –non a lapis–, co ordenador ou mecanografados e entregaranse cun sobre no que estean os datos na Biblioteca antes do 14 de decembro.

Os traballos premiados participarán despois na fase provincial do certame, convocado pola Biblioteca Pública de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura, Educación e Universidade da Xunta de Galicia. O fallo do xurado coñecerase na primeira quincena de xaneiro de 2023.

CONCURSOS NO CONCELLO DA POBRA DO BROLLÓN

Os certames son convocados pola Biblioteca municipal e a Oficina de Información Xuvenil en colaboración co CEIP A Pobra do Brollón. 

No certame de postais poden participar todas as persoas menores de 30 anos; no de poesía, os nenos e nenas ata 16 anos. En cada certame hai varias categorías diferenciadas por idades. 

O prazo para participar remata o 23 de decembro de 2022. As obras deben ser presentadas na Biblioteca municipal (Casa da Cultura ‘Olga Novo’, 2º andar). Consulta as bases do Certame de Postais aquí e as bases do Certame de Poesía aquí.

Os traballos premiados do Certame de Poesía participarán na fase provincial do Certame, convocada pola Biblioteca Pública Provincial de Lugo, co patrocinio da Consellería de Cultura.

ÚLTIMAS

Quere o teu mercado desenvolveuse este sábado na Praza de Abastos de Monforte

Como parte da promoción, dende o Concello de Monforte, organizaron unha degustación de produtos...

D 4 ao 6 de xullo celébrase a VII edición do Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A montaxe e deseño dos stands, continúa a liña de edicións anteriores, pero modifícase...

Rematan os traballos de acondicionamento do Bolo de Betote, en Sarria

A Xunta acaba de executar unha actuación para acondicionar e poñer en valor o...

Un novo éxito para a edición de 2025 de ‘Marida Maio’

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...