HomesociedadeIGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e...

IGV solicita ao MITMA a reparación urxente e integral da N-540 e da N-120 e reclama modificar a licitación actual

Interior Galego Vivo reclama trasladar á anualidade 2026 os 5.423.800,50 euros previstos para 2027, co fin de totalizar no exercicio 2026 un investimento de 9.173.000,84 euros (IVE e beneficio industrial incluídos), acelerando así as actuacións e evitando que se prolonguen ata 2027 -como está previsto- en canto a vía continúa deteriorándose.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Interior Galego Vivo asegura que a N-540 conta con varios tramos totalmente degradados e require unha actuación integral, “a comezar pola comarca de Chantada e polo termo municipal de Portomarín”. Canto á N-120, consideran que o peor tramo é o que transcorre entre o concello de Quiroga e o alto da Guítara, xa no termo municipal de Pantón.

A solicitude, asinada polo coordinador xeral do movemento, Antom Fente Parada, lembra que xa en 2023 e 2024 se trasladou ao Ministerio o estado “lamentábel e recorrente” da N-540. Naquel momento indicóuselles que existían proxectos prioritarios con máis de 13 millóns de euros previstos para 2023, “esas actuacións non se materializaron e a estrada presenta hoxe un estado máis calamitoso ca nunca”.

O colectivo sinala que en 2024 apenas se executaron 200.000 euros en actuacións que se limitaron a parcheos, mentres que o recente tren de borrascas provocou o colapso do firme en numerosos treitos, con fochancas de grande dimensión, problemas de drenaxe e marxes sen mantemento. Con todo solicitan unha modificación inmediata da actual licitación da N-540, “xa que o propio expediente recoñece a insuficiencia dos 10 millóns de euros previstos (sen IVE) para os 60 quilómetros afectados”.

Así Interior Galego Vivo reclama coas súas solicitudes:

  1. A reparación integral inmediata da N-540 e da N-120, sen demoras máis alá do primeiro semestre de 2026.
  2. A modificación da licitación da N-540, incrementando o orzamento e adiantando a 2026 as partidas previstas para 2027, atendendo á insuficiencia recoñecida do investimento actual.
  3. A ampliación e modernización estrutural da N-540, cun pavimento acorde ao tráfico e tonelaxe, mellora e ampliación da malla cinexética, carrís de adiantamento continuos e planificación dun corredor ferroviario paralelo que reforce a conectividade sustentábel da Galiza interior.

Interior Galego Vivo advirte de que a situación actual supón un risco permanente para milleiros de persoas usuarias e un freo ao desenvolvemento económico das comarcas de Chantada, Lemos e Quiroga, e reclama ao Ministerio “feitos inmediatos e non máis promesas” para garantir unhas comunicacións seguras e dignas no interior galego.

ÚLTIMAS

O 8M en Ribas de Sil achegouse á infancia e homenaxeu á decana do concello

A programación do 8M no concello de Ribas de Sil comezou o 6 de...

Rizoma Lemos preséntase este 11 de marzo cun espazo coworking no centro de Monforte

A Asociación Cultural Rizoma Lemos celebra este mércores 11 de marzo, a partir das...

Establécese o dispositivo de seguridade para a Mostra do Aceite e a Feira do Viño de Quiroga

A subdelegada do Goberno en Lugo presidiu esta mañá a Xunta Local de Seguridade...

600.000€ para actuar de emerxencia na mellora da LU-P-4103 en Pantón

A voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, destaca “Trátase dun investimento moi importante...