HomeCulturaA casa da cultura de Monforte acolle este sábado unha representación de...

A casa da cultura de Monforte acolle este sábado unha representación de Teatreiras

Este sábado, 10 de decembro, ás 19:30 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar a posta en escena da obra para adultos O crime de Lady Sibila, a cargo do grupo de teatro monfortino Teatreiras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Teatreir@s é un grupo de teatro que xurdiu hai case 20 anos no contexto das actividades de tempo libre para persoas maiores que se organizaban desde os Servizos Sociais do Concello de Monforte.

Hoxe o grupo está formado por 11 actores e actrices, e baixo a dirección de Paqui Abeledo, está constituído dentro dunha asociación de teatro afeccionado.

Esta actuación está incluída na programación do Circuíto de Teatro Afeccionado da Vicepresidencia da Deputación de Lugo-Cultura. É unha obra dirixida a público adulto, con entrada libre e gratuíta.

ÚLTIMAS

Nova xuntanza este 15 de novembro do Club de Lectura da Escola de Torbeo

O Club de Lectura da Escola de Torbeo celebrará este domingo, 15 de novembro,...

“Benvenuti al Sud” este 13 de novembro no Cineclube Ateneo

Destacan desde o cineclub a variedade de xéneros e formatos que ofrecerán cada mes,...

O Multiusos de Monforte acolle este 12 de novembro a representación de “A Metamorfose”

O teatro regresa este xoves, 12 de novembro, ás 20:15 horas, ao Edificio Multiusos...