HomeCulturaSantiago de Castillón, aldea de conto no Nadal de Pantón

Santiago de Castillón, aldea de conto no Nadal de Pantón

A asociación de veciños de Santiago de Castillón e a asociación cultural Segredos de Pantón converteron o lugar de Castillón nunha aldea de conto, decorándoa con elementos do Nadal e amosando as tradicións.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta iniciativa naceu o pasado ano da man de Segredos de Pantón para colaborar con diferentes asociacións veciñais de Pantón e ir cada ano decorando as aldeas pola época do Nadal.

A asociación e a veciñanza pretenden amosar así que facendo uso da imaxinación pódense decorar as aldeas cun fermoso ambiente propio destas datas e ser respectuosos co medio ambiente.

Os promotores covidan a tódalas persoas que se acheguen ata Castillón e gocen da decoración desta fermosa aldea.

Santiago de Castillón Nadal 2022 / Segredos de Pantón

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...