HomeCulturaO 16 de decembro comezan as visitas da Apalpadora aos concellos do...

O 16 de decembro comezan as visitas da Apalpadora aos concellos do sur da provincia

A Vicepresidencia da Deputación de Lugo puxo en marcha un programa de visitas da Apalpadora a distintos concellos, co obxectivo de promover a presenza de tradicións propias na representación do Nadal e ofrecer a nenas e nenos unha proposta de lecer en galego nestas datas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A narradora, Antía Vázquez, acompañada polo músico, André Espiñeira, é a encargada de presentar ás crianzas este personaxe, un carboeiro de barba vermella que baixaba das montañas ás vilas a noite do 24 ou o 31 de decembro para tocar o ventre das crianzas e comprobar se comeran suficiente durante o ano, deixando ao seu carón agasallos e castañas e desexos de felicidade e comida.

A súa historia trasmitiuse a través da tradición, especialmente na zona do Courel e do oriente ourensán. Na última década, asociacións e colectivos culturais de distintos puntos de  tomaron a iniciativa para recuperar este personaxe e as lendas e ritos que o rodean.

A vicepresidenta da Deputación de Lugo, Maite Ferreiro, sinalou que “un ano máis poñemos en marcha este calendario de visitas co obxectivo de achegar a nenos e nenas esta figura do Nadal galego e a súa historia” e valorou “a oportunidade que esta personaxe ofrece para reivindicar as nosas tradicións e tamén valores ligados ao coidado do territorio”.

Nestes espectáculos, a filla do coñecido Apalpador toma o relevo do seu pai e baixa das montañas para encontrarse coas crianzas da provincia nun formato de contacontos musicado e interactivo onde se mesturan cantigas, lendas e dinámicas. Estará acompañada polo seu irmán músico André, para mergullarse con cancións da súa misteriosa historia. Ademais, levará froitos que recolle durante todo o ano e agasallos fabricados por ela mesma para entregar aos nenos e nenas neste Nadal.

Calendario sur de Lugo

  • Venres, 16 de decembro. CHANTADA. CEIP San Xoan de Requeixo
  • Sábado, 17 de decembro. TRIACASTELA. Fonte do Lunar
  • Luns, 19 de decembro. O INCIO. CEIP Ricardo Gasset
  • Mércores, 21 de decembro. PANTÓN. CEIP Monte Baliño
  • Xoves, 22 de decembro. SARRIA. Escola Educación Infantil Xela Arias
  • Xoves, 22 de decembro. O PÁRAMO CEIP do Páramo.
  • Xoves, 22 de decembro. SAMOS. CEIP de Samos
  • Venres, 23 de decembro. CARBALLEDO. Punto de Atención á Infancia
  • Xoves, 29 de decembro. O SAVIÑAO. Auditorio Municipal de Escairón
  • Luns, 2 de xaneiro. CARBALLEDO. Campo da Feira de Castro

ÚLTIMAS

Herminia provoca 192 incidencias nas estradas provinciais desde o pasado venres

As situacións máis complicadas que se viviron este luns a causa das precipitacións afectan...

A Oficina de Turismo de Chantada xa ten as súas certificacións de “Q  Calidade Turística” e “S Sostibilidade Turística”

A entrega de diploma fíxose durante a celebración da gala 'Noche Q', Manuel Lorenzo...

Desde o 2017 o concello de Monforte destinou 146.000€ á promoción do emprego autónomo

No período comprendido entre os anos 2017 a 2024, ambos incluídos, o concello de...

Mocións de Esperta Monforte ao pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno deste luns unha moción para mudar o sistema de...