HomeCulturaViraventos, grupo de teatro de Monforte, representa o 17 de decembro, Perfectos...

Viraventos, grupo de teatro de Monforte, representa o 17 de decembro, Perfectos descoñecidos

Esta actuación está incluída no Programa de Nadal do Concello de Monforte, e forma parte do proxecto Circuíto de Teatro Afeccionado 2022 da Vicepresidencia da Deputación de Lugo-Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este sábado, 17 de decembro, ás 19:30 na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro terá lugar a posta en escena da obra teatral Perfectos descoñecidos, a cargo do grupo de teatro monfortino Viraventos. É unha obra con entrada libre e gratuíta.

Viraventos, é un grupo de teatro que xurdiu hai 21 anos no contexto das actividades de tempo libre para persoas maiores que se organizaban desde os Servizos Sociais do Concello de Monforte.

Nestes anos, contou coa participación de mais de medio cento de persoas que levaron a cabo, curso tras curso, a montaxe e representación de 30 obras de teatro, clásicas, adaptadas e de creación propia. Moi activos nas súas actividades, teñen actuado en colexios, festas populares, festas medievais, recitais… e desde hai anos, forman parte do Proxecto de teatro afeccionado da Deputación de Lugo.

ÚLTIMAS

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...