HomePolíticaO Alcalde de Monforte denuncia que a Xunta retrasa a promoción do...

O Alcalde de Monforte denuncia que a Xunta retrasa a promoción do Camiño de Inverno ata o ano 2020

Turismo de Galicia recoñece que a delimitación oficial do Camiño de Inverno é competencia do Goberno galego a través do Plan Director do Camiño de Santiago.

Publicado o

- Advertisement -

O Plan Director do Camiño de Santiago inclúe as actuacións de sinalización e acondicionamento previstas nos diferentes trazados. Segundo o alcalde de Monforte, José Tomé, este plan recolle no 2018 centrar a actividade no Camiño Portugués da Costa, no 2019 farase o propio na Vía da Prata e non aparecen referencias ao Camiño de Inverno ata o 2020.

O Grupo Parlamentario Socialista preguntou polas previsións do Goberno galego para arranxar as deficiencias do Camiño de Santiago ao seu paso por Monforte. Na contestación a Axencia de Turismo de Galicia recoñeceu que a delimitación oficial do percorrido do Camiño de Inverno corresponde á Dirección Xeral de Patrimonio da Xunta, que se rexe polo Plan Director do Camiño de Santiago.

A resposta dada aos socialistas significa, segundo o alcalde de Monforte, que ata dentro de dous anos, o Goberno galego non acometerá actuacións de sinalización nin de acondicionamento deste trazado.

ÚLTIMAS

Os Lactouros gozan dunha xornada de convivencia en Taramundi

A Asociación Micolóxica Os Lactouros vén de organizar unha xornada de convivencia en Taramundi...

Olga Novo recolle en Barcelona o ‘III Premio Letras Galegas Vivas’

A profesora, poeta e ensaísta, Olga Novo, viaxou a pasada semana a Barcelona para...

As emerxencias sanitarias protagonizan o Faladoiro deste mércores en Quiroga

Xosé Ferrín, orixinario de Carballo de Hospital, leva traballando nas emerxencias sanitarias dende o...

7.600 persoas dependentes benefícianse na provincia de Lugo do Bono Coidado

O PPdeG destacou a boa acollida que o Bono Coidado no Fogar está a...