HomeCultura‘Consertasso na Horta’ de Brais das Hortas o 22 de decembro na...

‘Consertasso na Horta’ de Brais das Hortas o 22 de decembro na Pobra do Brollón

Este xoves 22 ás 18:00h, a Casa da Cultura ‘Olga Novo’ da Pobra do Brollón acollerá o ‘Consertasso na Horta’. O evento forma parte da programación municipal ‘Nadal na Guimaralia’. A actividade é para todos os públicos e a entrada é de balde. 

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Neste espectáculo o músico Brais das Hortas interpretará a diversos personaxes que farán pasar ao público da música tradicional ao electrónico, do punk ao chill-out e ata do trap ás regueifas. Amosa un retrato irónico da nosa sociedade adaptado para todos os públicos, cunha fonda dose de esperanza no cambio sostible das xeracións futuras.

Brais das Hortas leva máis de 20 anos dedicándose á musica e ten formado parte de bandas como Mamá Cabra, Sons Miúdos, Banda Fura Fura, e colaborado con outras e outros artistas como Ataque Escampe, Sofía Espiñeira ou Peter Punk Pallaso.

Ao día seguinte, venres 23, continuará a programación de Nadal do Concello da Pobra do Brollón coa visita do Apalpador. A semana seguinte, tamén haberá varios eventos co obradoiro infantil ‘Biblio Nadal’, un concerto de Tanto nos Ten o día 29, e para despedir o ano, festa karaoke na Casa da Cultura.

 

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...