HomeCulturaObradoiro de regueifas no IES A Pinguela

Obradoiro de regueifas no IES A Pinguela

O alumnado de 1º e 2º de ESO coñeceu esta interesante arte popular.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Alba María, coñecida cantante, filóloga, escritora e profesora, á vez que regueifeira, vén de dirixir un interesante e divertido obradoiro sobre a regueifa no que o alumnado de 1º e 2º de ESO coñeceron esta
interesante arte popular.

Riron e pasárono moi ben compoñendo e regueifando, nunha actividade formativa que pechou un trimestre intenso de actividades e abriulles as vacacións do Nadal.

Alba María é a interprete do disco “Aínda” e do libro “Regueifa en Bergantiños. Celestrino de Leduzo vs. Calviño de Tallo”. “Un luxo de visita que lle agradecemos”, sinalan desde o centro.

Alba María no IES A Pinguela / IES A Pinguela

ÚLTIMAS

57.000 persoas viaxaron este ano pola Ribeira Sacra nos catamaráns da Deputación

A deputada de Turismo, Pilar García Porto, destaca, “Temos unha cifra sólida de usuarios...

Presentación literaria e concerto sobre ‘memoria musical’ e ‘tradición’

Colectivo Vermut vén de anunciar a organización dun evento cultural centrado na memoria musical...

OPINIÓN: Entre presuntos anda o xogo

As acusacións feitas públicas nun programa dunha cadea estatal son da máxima gravidade. Se...

A oposición de Monforte pide a dimisión de Tomé

Tres horas antes do pleno, Tomé ofrecía unha rolda de prensa na sede dos...