HomeCulturaConcerto solidario de Tanto Nos Ten este 29 de decembro na Pobra...

Concerto solidario de Tanto Nos Ten este 29 de decembro na Pobra do Brollón

Este xoves 29 de decembro ás 20:15, terá lugar na Casa da Cultura da Pobra do Brollón o último concerto do ano co grupo Tanto Nos Ten.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A entrada é solidaria a través da doazón dun quilo de produtos non perecedoiros (tipo aceite, conservas de peixe, legumes en conserva, pasta, arroz…) para o banco de alimentos da Pobra do Brollón, a entregar na porta do concerto. 

Tanto Nos Ten emprega músicas propias e do saber popular, con letras retranqueiras e comprometidas, nun repertorio que o grupo define como “música tradicional furtiva”. Será un concerto moi animado e festeiro no que se tocarán pasodobres, muiñeiras, foliadas, rumbas e outros ritmos bailables.

Dende a organización, anímase aos asistentes a levar instrumentos para facer foliada ao remate do concerto.

Ademais do concerto, esta semana Concello da Pobra do Brollón organiza unha festa karaoke para celebrar fin de ano, tamén na Casa da Cultura a partir da 01:00 da madrugada do día 1, con música para todos os gustos e idades. O acceso é libre e haberá barra.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...