HomeCulturaSober recupera o Baile da Cachucha o 18 de febreiro co concurso...

Sober recupera o Baile da Cachucha o 18 de febreiro co concurso de entroido

O Concello de Sober organiza o vindeiro 18 de febreiro o seu tradicional Baile da Cachucha, que este ano celebra a súa XV edición recuperando o formato que tiña antes da pandemia. Ese mesmo día, haberá desfile de comparsas polas rúas de Sober a partir das 17:00 horas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Na xornada do 18 partir das 18:00 horas haberá música, inchables, xogos e merenda para todos e todas os asistentes no pavillón municipal.

Ás 19:30 horas dará comezo o desfile de disfraces con premios para as mellores máscaras nas categorías de comparsas, parellas e individuais. O Concello de Sober ten confirmada a participación dunha comparsa con máis de 100 compoñentes. A partir das 20:00 horas haberá degustación de cachucha e viño.

Previamente, o día 9 de febreiro celebrarase o xoves de compadres e o 16 de febreiro o xoves de comadres.

ÚLTIMAS

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...

Este sábado, 7 de novembro, ás 12.00h abre a cafetería do complexo deportivo da Pinguela

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela abrirá as súas portas este sábado, 7...