HomeCulturaO 25 de febreiro Pantón celebra o desfile de disfraces e pon...

O 25 de febreiro Pantón celebra o desfile de disfraces e pon o remate ao Entroido na Ribeira Sacra

O Concello de Pantón organiza diferentes actividades para celebrar este entroido. Co ánimo de conservar a tradición do xoves de compadres e do xoves de comadres animan á veciñanza a participar do concurso aberto a asociacións, grupos, famillias e persoas individuais. As citas celebraranse os xoves 9 e 16 de febreiro e xa está o prazo aberto ata a véspera de cada celebración para inscribirse na casa da cultura ou no teléfono 982 45 63 77.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O sábado, 25 de febreiro, terá lugar o Desfile de Entroido que comezará ás 16.00h. no colexio Monte Baliño (os participantes presentaranse ás 15.30 na rúa enriba do colexio) para percorrer as rúas de Ferreira e rematar na Praza do Concello. As inscricións e recollida de número pódese facer ata o día 24 ás 13.00 na segunda planta do edificio sociocultural. Establécense os seguintes premios por categorías:

Comparsas Adultos:

  • Grupos de 10 ou máis componentes (350€, 200€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (150€, 125€ e 100€)
  • Grupos entre 1 e 4 compoñentes (100€, 75€ e 50€)

Comparsas Infantís:

  • Grupos de 10 ou máis compoñentes (180€, 160€ e 150€)
  • Grupos entre 5 e 9 compoñentes (100€, 75€ e 50€)
  • Grupos entre 1 e 4 compoñentes (50€, 40€ e 20€)

Durante o desfile contarase con animación musical e ao remate haberá chocolatada e baile na Praza do Concello. O xurado estará composto por un representante de cada comparsa (que non desfilará) e unha persoa allea que exercerá voto de calidade en caso de empate. Valorarase a orixinalidade, a calidade e a simpatía dos disfraces.

Tódalas comparsas que presenten carroza recibirán 50€ como axuda e as de máis de 10 compoñentes recibirán 80€ non acumulables ao premio. Os premios daranse a coñecer ao remate do desfile e serán ingresados nas contas bancarias que corresponda. 

ÚLTIMAS

Se sodes entroideiros podedes apoiar este proxecto: a maior guía visual das máscaras do país

As Escolas de Ensino Galego Semente impulsan unha acción para amosar a nenos e...

O PP pide tomar medidas na apertura da liña Ourense-Lugo e condena a “desconexión” do Goberno de Sánchez coa provincia

O alcalde do concello de Pantón, José Luís Álvarez, trasladou aos deputados do PP...

Gourmet Gallego inaugura a nova tenda de Monforte

A apertura de Gourmet Gallego congregou a numerosos asistentes, entre eles clientes, provedores, amigos,...

Proxección de “La violencia invisible” e coloquio este 23 de novembro en Quiroga

Aproveitando a conmemoración do 25N, “Día Internacional para a eliminación da violencia de xénero”,...