HomeCulturaMarisa Castro Cerceda presenta este venres "A saga das curandeiras" no Ateneo...

Marisa Castro Cerceda presenta este venres “A saga das curandeiras” no Ateneo Casino de Monforte

A actividade está oganizada pola Libraría Agrasar e Hércules Ediciones.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Marisa Castro Cerceda é doutora en bioloxía e profesora titular na área de botánica, departamento de Bioloxía vexetal e ciencias do solo, na Facultade de Bioloxía e Ciencias do Mar da Universidade de Vigo. Especialista en micoloxía, é unha das maiores estudosas da botánica de Galicia. Foi vicepresidenta da Sociedade Galega de Historia Natural de 1980 a 1986 e presidenta do Grupo Micolóxico Galego Luís Freire.

Conta con numerosos libros e guías publicadas sobre micoloxía, botánica e árbores como a “Guía dos cogomelos comúns de Galicia” ou “Cogomelos de Galicia e norte de Portugal” entre moitos outros.

Neste último libro, a través da vida de Rosalía Carcedo (1911-1972) faise unha viaxe durante unha parte do século XX, desde a Galicia da que ela era natural, pasando polo Madrid da República e da Guerra Civil, ata a aldea de orixe na que volveu vivir durante a ditadura e na que continuou exercendo a súa profesión, curandeira, a pesar da incomprensión que a rodeaba e da incredulidade de persoas con ignorancia invencible, que non entendían ou que non querían saber.

Esta biografía ficticia dunha curandeira galega permite coñecer a relación daquelas persoas coa xente e coas autoridades civís e relixiosas. Ademais, axuda a aproximarse ao uso das herbas e dos cogomelos, tanto con fins curativos como máxicos, nese mundo críptico e infravalorado das meigas galegas.

ÚLTIMAS

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...