HomeCultura"Los mecánicos" pechan este luns o entroido de Salcedo

“Los mecánicos” pechan este luns o entroido de Salcedo

A Xunta de Galicia patrocina o concerto do grupo "Los Mecánicos" no centro social de Salcedo, na Pobra do Brollón, que terá lugar na madrugada do martes -a partir da 1.00 horas- como colofón á celebración do día grande do entroido nesta localidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O grupo ofrecerá unha actuación de dúas horas de duración cun repertorio centrado en grandes éxitos dos anos 60, 70 e 80, desde Elvis Presley, os Beatles ou Los Bravos ata Loquillo, Mecano e Siniestro Total pasando por Nino Bravo ou Raffaela Carrá, entre moitos outros.

O protagonista indiscutible deste luns na Pobra é o Oso de Salcedo, o personaxe tradicional do entroido característico da aldea, que desde as 17.00 horas percorrerá as rúas acompañado polos seus criados perseguindo a veciños e visitantes para tinguilos con cinza.

A xornada rematará cunha cea popular e actuacións musicais desde as 00.00 horas do martes, nas que tamén participarán a orquestra Trébol e DJ Luismi.

ÚLTIMAS

Campaña promocional da IXP Pataca de Galicia con premios que consisten en experiencias na Ribeira Sacra

A IXP Pataca de Galicia vén de poñer en marcha a súa campaña de...

Lucía Pérez pregoará o 14 de marzo o II Cocido Gourmet Porco Celta do Incio

A cantante do Incio, Lucía Pérez, será a pregoeira da segunda edición do Cocido...

Ana Torrado do IES Río Cabe participa no programa Allá tú

Ana Torrado Martínez, alumna do Ciclo Superior de Aloxamentos Turísticos do IES Río Cabe,...

O 2 de marzo comeza a reparación da sillería da Ponte Medieval de Monforte

Trala obtención dos correspondentes permisos por parte da Dirección Xeral de Patrimonio e da...