HomeCulturaO 3 de marzo obradoiro de brindos guímaros en Salcedo

O 3 de marzo obradoiro de brindos guímaros en Salcedo

Tras o éxito do primeiro obradoiro en xaneiro, o Concello da Pobra do Brollón organiza un novo taller de brindos guímaros. Desta volta será o venres, 3 de marzo, ás 20:15 na Cantina de Julia, Salcedo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta xornada de formación sobre o brindo correrá a cargo de Sara Marchena, Alba María, Nuria Penas e Lorena Medela. A actividade está aberta a todo o mundo, tanto se se asistiu ao primeiro obradoiro como se non.

Os obradoiros desenvólvense de xeito ameno e participativo, co obxectivo de divulgar a arte do brindo entre un público o máis amplo e diverso posible.

O brindo é un xénero de improvisación oral cantada, propio de terras da Pobra do Brollón así como doutras zonas da montaña lucense e mesmo do Bierzo.

Tradicionalmente asociábase a vodas e celebracións, e as súas estrofas improvisadas usábanse polo xeral para o eloxio ou a homenaxe. Nos obradoiros búscase respectar a esencia e estrutura do brindo, aínda que ampliando e variando o seu ámbito de aplicación e uso.

ÚLTIMAS

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...

Propostas para mellorar o enoturismo na Ribeira Sacra: redistribución de actividades, ferramentas dixitais e formación do sector

O traballo, Propostas de acción para o enoturismo en Galicia e Rexión Norte de...

Obradoiro de pasatempos en galego para alumnado de Ribas de Sil, Quiroga e Folgoso

O alumnado do CEIP San Clodio, do CEIP de Quiroga e do CPI Uxío...

Alumnado dos centros educativos de Chantada reinterpretan ao artista local Manuel Jorge nunha exposición

A exposición "Manuel Jorge. Unha mirada nova", inaugurada este luns 21 de setembro no...