HomeCulturaMúsica Miúda presenta "Cambia o conto" o día 4 de marzo na...

Música Miúda presenta “Cambia o conto” o día 4 de marzo na librería Agrasar

Música miúda é unha banda de música infantil e contacontos en galego formada por Irene Quinteiro, Miguel Alonso e Óscar Martínez e na que tamén colabora Manu Pazos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A librería Agrasar de Monforte acolle este sábado, día 4 de marzo, ás 12.00 da mañá a presentación do último traballo de Música miúda, unha cita especialmente destinada aos máis novos da casa.

O seu primeiro libro-disco editado por Editorial Galaxia chámase “Cambia o conto” e, en directo, buscan a interacción co público miúdo con moita festa. Neste proxecto combinan contos e cancións de creación propia, con especial fincapé na diversidade e a integración, e cunha perspectiva de xénero e de fomento da nosa lingua.

Na presentación farase un contacontos musical do espectáculo, dirixido á rapazada de 3 a 8 anos. A actividade é de balde con aforo limitado previa reserva no teléfono 982 40 45 42, ou no WhatsApp 698 19 06 76

“Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamen unha avoa indefensa e unha madrasta malvada… Sempre a mesma leria… ou non? O próximo sábado, dámoslle a volta! Ven cambiar o conto connosco!”

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...