HomeCulturaNutrición e arqueoloxía na aula senior da UNED de Monforte

Nutrición e arqueoloxía na aula senior da UNED de Monforte

Para o curso 2018-2019 a UNED ofrece dous cursos dentro da aula senior para maiores de 55 anos. No primeiro cuatrimestre impartirase nutrición e dietética e no segundo arqueoloxía a patrimonio.

Publicado o

- Advertisement -

A UNED de Monforte funciona desde o 2005, inicialmente como centro asociado a Ourense e desde o 2008, asociado a Lugo. Desde o equipo de goberno de Monforte aseguran que este servizo é moi importante en canto á formación que ofrece aos cidadáns.

Para o mantemento do servizo, a UNED recibe 55.000 do concello de Monforte, ademais de correr cos gastos correntes e terlle cedido un local na casa da cultura.

Dentro dos cursos de extensión universitaria ofértase: prevención do odio e a xenofobia, estereotipos de xénero, propiedade intelectual e educación sobre capacidades diferentes.

Desde a UNED lémbrase que contan con toda a oferta da UNED de Lugo, así hai xente con interese en materias tan distintas como historia, antropoloxía, criminoloxía, dereito,… de todas as carreiras ofertadas poden solicitarse titorías pesenciais.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...