HomeCulturaFito en Triacastela como símbolo da amizade dos Camiños de Santiago e...

Fito en Triacastela como símbolo da amizade dos Camiños de Santiago e Shikoku

Un fito de pedra xaponesa representa a amizade do Camiño de Santiago e a ruta de peregrinación, Shikoku Henro (Camiño de Shikoku), que recorre cerca de noventa templos budistas arredor da illa xaponesa de Shikoku. Está dedicado á alcaldesa da localidade, Olga Fontal e ao Valedor do Camiño e vicepresidente da Asociación de Periodistas e Estudos do Camiño de Santiago (APECSA), o xornalista Loís Celeiro Álvarez.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este fito marmóreo colocouse na praza de Triacastela, nun acto público no que participaron a propia alcaldesa, Olga Fontal; o presidente de APECSA, Xosé María García Palmeiro; o presidente da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago da Comarca de Sarria, Jorge López; o presidente da Asociación do Camiño de Shikoku, Hirofumi Matsuoka, e o xornalista homenaxeado, Lois Celeiro Álvarez, escritor e Valedor do Camiño, por designación dos seu veciños de Samos.

O Shikoku Henro é un camiño de peregrinación circular que recorre os templos budistas e moitos outros lugares sagrados ao redor da illa xaponesa de Shikoku, a máis pequena das principais illas de Xapón. Esta ruta de 1.200 quilómetros atrae cada ano a miles de peregrinos de todo o mundo.  O Camiño de Santiago é o verdadeiro sinal da unión dos pobos de Europa e un dos principais motores da economía galega.

ÚLTIMAS

Pantón ten prazo de inscrición aberto para os Campamentos de Verán e presenta a programación cultural da época estival

O Concello de Pantón presenta as actividades que a Concellaría de Cultura programa para...

O delegado do Goberno en Galicia destaca en Sarria o funcionamento da campaña “Non Camiñas Soa”

A campaña lévase a cabo desde o ano 2021 para reforzar a protección das...

O PSdeG de Sarria reclama ao Goberno local que informe de inmediato ao sector sobre a situación do matadoiro

O voceiro socialista en Sarria, Benjamín Escrontela criticou que o Goberno local de Claudio...

Intensa actividade promocional da D.O. Ribeira Sacra

O Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra impulsa este mes de xuño unha destacada...