HomeCulturaO rock volve a Chantada

O rock volve a Chantada

Os días 2 e 3 de novembro terá lugar no concello de Chantada a XVI edición do Castañazo Rock, organizada pola Asociación Cultural 'O Castanhazo'

Publicado o

- Advertisement -

Nesta XVI edición actuarán: o venres día 2 de novembro os grupos Talco, Descato, LDS, Mafalda, Rebelión do Inframundo, La Otra  e o sábado día 3 de novembro, Boikot, Zoo, Dakidarria, Smoking Souls, Raiba e Mekanika. O sábado tamén haberá Castañazo Infantil, Cantos de Taberna, Xogos Bravús, e o evento rematará cun Magosto ás 20:00 horas no recinto do festival.

O prezo das entradas para un día é de 20 euros en venta anticipada e o bono para os dous días é de 32 euros. Os billetes pódense adquirir en www.castanhazo.com. A Asociación O Castanhazo habilitará autobuses para as persoas que asistan ao festival. Para os visitantes que desexen quedarse de acampada gratuíta en Chantada, a organización pon á súa disposición os pavillóns do IES Val do Asma, o CEIP Eloisa Ribadulla, o IES Lamas das Quendas e o CEIP Xoan Requeixo. A Deputación aporta 6.000 euros para este festival.

Presentación XVI edición do Castañazo Rock/Deputación de Lugo

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...