HomeCultura15 de abril en Santa Cruz de Viana, Chantada, para falar sobre...

15 de abril en Santa Cruz de Viana, Chantada, para falar sobre libros de nacionalismo galego

O acto celebrarase ás 12 da mañá no local da parroquia de Santa Cruz de Viana (ao carón da igrexa de Santa Cruz), de Chantada, continuando a xeira da Libraría da Proencia de realizar presentacións de libros en contornas rurais.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Libraría da Proencia organiza este sábado, 15 de abril, en Santa Cruz de Viana (Chantada) un coloquio cos autores dunha biografía de Celso Emilio Ferreiro e unha análise da plástica de Castelao, obras de recente publicación.

Trátase de Luís Gonçales Blasco, “Foz”, e o seu libro Celso Emilio Ferreiro, nacionalista galego, editado por Xerais este ano 2023, e de Xesús Andrés López Piñeiro, co seu libro Castelao, plástica e pensamento, 1903-1916, editado por Galaxia en 2022.

O formato será de mesa redonda e coloquio co público asistente e a entrada é libre. Pódese preguntar polos detalles e localización do acto, así como reservar exemplares dos libros en pedidos@proencialibros.com

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...