HomeCulturaA Librería Agrasar celebra o Día do Libro con Arantza Portabales, descontos...

A Librería Agrasar celebra o Día do Libro con Arantza Portabales, descontos e horario ampliado

Este sábado pola mañá contouse con firma de libros con Arantza Portabales e esta tarde ás 20.15 terá lugar no Centro do Viño da Ribeira Sacra a II velada literaria "Tomando un libro con... Arantza Portabales".(actividade con inscrición previa)

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ademais da xornada deste sábado, a Librería Agrasar acollía o pasado día 21 a reunión do club de lectura “La Librélula”, que comentaba o libro de esta autora, “El hombre que mató a Antía Morgade”. Durante toda a fin de semana a librería abrirá en horario de 10.00 a 14.00 e de 16.30 a 20.00. Conta demais cun 10% de desconto para celebrar o Día do Libro despois de máis de 25 anos facéndoo.

“Este próximo día 23 de abril será un Día do Libro moi especial para nós. Hai 25 anos abrimos a nosa librería no mes dos libros, o mes de abril!. Levamos 25 anos celebrando o día do libro facendo actividades, presentacións, contacontos, sacando os libros á rúa… En definitiva, compartindo a maxia dos libros e todo o que nos ensinan,” aseguran desde Agrasar.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...