HomeCulturaConcerto de "Dos en punto" este 30 de abril no Solpor Hermida...

Concerto de “Dos en punto” este 30 de abril no Solpor Hermida de Vilasouto

Os músicos Hugo Torreiro e Carlos Bau chegan este domingo, 30 de abril, a Eirexalba, no Incio, para actuar no aloxamento Hermida Rural. Fano dentro do ciclo que comezou xa o ano pasado, bautizado como 'Solpor Hermida'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Solpor Hermida propón unha experiencia única de poder ver como se pon o sol no encoro de Vilasouto ao tempo que se goza dun bo concerto de música e dunha consumición na terraza do local.

Hugo Torreiro e Carlos Bau unen forzas e festa nun espectáculo para todos os públicos onde repasan os grandes éxitos do pop español de todas as épocas. Trátase dun proxecto no que levan traballando dende hai máis de seis anos e co que xa percorreron gran parte da xeografía galega.

Que pasa se colles unha cocteleira, engádeslle Los Secretos, Nino Bravo, Estopa, Melendi, Amaral, Alaska, Hombres G e Rocío Jurado? Pois que é cuestión de probalo e gozar co combinado musical “Dos en Punto”.

Estes dous músicos, no formato dúo #DosEnPunto, chegan da man de Hermanager Producións, empresa monfortina dedicada á organización de eventos e á colocación e representación de artistas.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...