HomesociedadeFerreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de...

Ferreira de Pantón celebra as Festas Patronais do 22 ao 24 de agosto

A programación nocturna destaca polas actuacións musicais de agrupacións recoñecidas como América de Vigo, que celebra o seu 50 aniversario, e o popular Combo Dominicano. Outros conxuntos salientables que animarán as verbenas son Saudade, Tango e o Grupo Claxxon.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Pantón presenta o programa das Festas Patronais de Ferreira de Pantón que se desenvolverán do 22 ao 24 de agosto. As Festas na honra a Santa María de Ferreira inclúen actividades como a tradicional sesión vermú en diversos locais e prazas, celebracións relixiosas e entretemento para a infancia.

Programa Festas Ferreira de Pantón

Sábado, 22 de agosto:

• 11:30h. Sesión vermú polos bares de Ferreira.

• 14:00h. Sesión vermú na praza de Goián.

• 21:30h. Gran Festa nocturna co Grupo Cabaret e o Grupo Claxxon. Para o final de festa contarase con DJ Braij GZ

Domingo, 23 de agosto:

• 11:30h. Sesión vermú polos bares de Ferreira.

• 13:00h. Misa solemne acompañada pola Coral Xeada.

• 14:00h. Sesión vermú na praza de Goián.

• 17:30h. Infantilandia na Praza do Concello

• 21:30h. Gran Festa nocturna co Grupo América e Combo Dominicano

Día, 24 de agosto:

• 11:30h. Sesión vermú polos bares de Ferreira.

• 14:00h. Sesión vermú na praza de Goián.

• 17:30h. Infantilandia na Piscina Municipal.

• 21:30h. Gran Festa nocturna coas Orquestras Saudade e Tango

O alcalde de Pantón, José Luis Álvarez, anima á participación nas diferentes actividades, “Un ano máis, o mes de agosto reúnenos para celebrar unha das nosas datas máis sinaladas. Do 22 ao 24 de agosto invitámosvos a compartir a alegría destes tres días de festas. Ferreira abre as súas portas para celebrar os reencontros coa familia e descubrir o noso patrimonio e as nosas paisaxes”.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...