O Concello de Monforte de Lemos celebrou un ano máis, e malia a lixeira choiva, o tradicional concurso dos Maios. Nesta ocasión participaron 6 colectivos que luciron na Praza de España as súas creacións a partir das 17:30 h.
En canto aos participantes de coplas, esta ano reduciuse a un concursante: o Colexio CEIP A GÁNDARA. O centro de ensino deleitou aos asistentes coa interpretación cantada e tocada polos alumnos dunha copla coa que se reivindicaban como os que mellor afinan das terras de Lemos, Chantada, O Courel e de Sarria tamén.
Todos os participantes levaron, só por participar e presentar traballos de calidade e moi elaborados, unha contía de 75 €. Valorouse a orixinalidade e a imaxinación pero tamén a estética e a calidade dos materiais utilizados. Con esta nova edición un ano mais celébrase o comezo da primavera coa exaltación da natureza que vestirá as rúas de Monforte de cor e adornos florais.
A Concelleira de Cultura, ensino e xuventude, Marina Doutón, quixo destacar os maios deste ano polos seus acabados e a súa beleza, recoñecendo así o traballo colectivo dos concursantes. Aproveitou tamén para animar a todas e todos a seguir participando “desta tradición que debemos preservar entre todos”.
O pago dos premios será tramitado polo Concello de Monforte de Lemos a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.
PARTICIPANTES
CEIP A GÁNDARA
ASOCIACIÓN ALBORES SAÚDE MENTAL
ASOCIACIÓN AGORA
COLEXIO PR. FERROVIARIO con “O mouchiño”
CENTRO DE DÍA DE MONFORTE DE LEMOS
ESTRELLA RAJO NÚÑEZ
PARTICIPANTES DE COPLAS 2023
CEIP A GÁNDARA