HomeCulturaMonforte non falta á cita cos Maios

Monforte non falta á cita cos Maios

Seis foron os colectivos participantes no concurso de creación dos maios e un só o que se animou no apartado de coplas, o CEIP A Gándara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Monforte de Lemos celebrou un ano máis, e malia a lixeira choiva, o tradicional concurso dos Maios. Nesta ocasión participaron 6 colectivos que luciron na Praza de España as súas creacións a partir das 17:30 h.

En canto aos participantes de coplas, esta ano reduciuse a un concursante: o Colexio CEIP A GÁNDARA. O centro de ensino deleitou aos asistentes coa interpretación cantada e tocada polos alumnos dunha copla coa que se reivindicaban como os que mellor afinan das terras de Lemos, Chantada, O Courel e de Sarria tamén.

Todos os participantes levaron, só por participar e presentar traballos de calidade e moi elaborados, unha contía de 75 €. Valorouse a orixinalidade e a imaxinación pero tamén a estética e a calidade dos materiais utilizados. Con esta nova edición un ano mais celébrase o comezo da primavera coa exaltación da natureza que vestirá as rúas de Monforte de cor e adornos florais.

A Concelleira de Cultura, ensino e xuventude, Marina Doutón, quixo destacar os maios deste ano polos seus acabados e a súa beleza, recoñecendo así o traballo colectivo dos concursantes. Aproveitou tamén para animar a todas e todos a seguir participando “desta tradición que debemos preservar entre todos”

O pago dos premios será tramitado polo Concello de Monforte de Lemos a través dunha transferencia bancaria. Previamente será necesario a presentación do certificado bancario cun número da conta do titular. Non poderá realizarse o pagamento do premio mentres o beneficiario non se atope ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias ou coa seguridade social ou sexa debedor por resolución de procedencia de reintegro.

Maio da Asoc. Ágora. Foto: Radio Monforte.

PARTICIPANTES

CEIP A GÁNDARA

ASOCIACIÓN ALBORES SAÚDE MENTAL

ASOCIACIÓN AGORA

COLEXIO PR. FERROVIARIO con “O mouchiño”

CENTRO DE DÍA DE MONFORTE DE LEMOS

ESTRELLA RAJO NÚÑEZ

PARTICIPANTES DE COPLAS 2023

CEIP A GÁNDARA

ÚLTIMAS

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...