HomeCulturaO 8 de xuño Afamon presenta en Monforte "Morir dos veces"

O 8 de xuño Afamon presenta en Monforte “Morir dos veces”

AFAMON en colaboración co Concello de Monforte, organiza un acto de presentación en Monforte da novela "Morir dos veces " de Alejandro Seral.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A novela, publicada no ano 2021, trata a problemática do Alzheimer, xa que o pai do autor padeceu a enfermidade durante 25 anos. 

A presentación divídese en dúas partes: primeiro proxéctase un documental que se gravou para o programa Crónicas de TVE. A continuación o autor realizará unha charla e ofrecerase unha rolda de preguntas.

A cita será no salón de actos do centro cívico, o día 8 de xuño a partir das 18.00. Trátase dunha actividade de entrada libre e gratuíta aberta a todas persoas interedasadas.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...