HomeCulturaFin de semana de obradoiro de brindos e convivencia poética no furancho...

Fin de semana de obradoiro de brindos e convivencia poética no furancho O Currio da Pobra do Brollón

Esta fin de semana retómase a actividade ‘Guimaralia: Acción Cultural’ dando continuidade aos obradoiros de brindos guímaros organizados dende o Concello da Pobra do Brollón, con financiación da Unión Europea-NextGenerationEU a través da subvención Territorio Cultura.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desta volta, as integrantes de Erre que Erre desprazaranse ao Furancho O Currio en Trasmonte, parroquia de Vilachá de Salvadur. ‘En anteriores obradoiros, traballamos a rima e a métrica. Agora progresivamente iremos facendo máis fincapé nos contidos,’ comentan dende o colectivo de improvisación oral.

O obradoiro será este sábado, 3 de xuño, ás 20:15. É gratuíto e non é preciso ter asistido aos anteriores para participar. Dende o Furancho comentan que é previsible que tras o obradoiro se forme unha foliada, polo que animan aos asistentes a subir instrumentos.

Paralelamente, o propio Furancho organiza a II Convivencia Poética, na que varias poetas galegas pasarán a fin de semana na aldea convivindo, visitando a zona e creando. As poetas participantes nesta edición son Nuria Vil e Lucía Aldao, máis Noa Moreira que exercerá de anfitrioa como poeta local.

A convivencia desembocará o domingo 4 nun vermú artístico aberto ao público. Comezará a partir das 13:00 e haberá recitais das poetas e micro aberto. Tamén participarán no vermú as artistas plásticas Mushu e A Flaira, que farán unha intervención chamada ‘Peras ao viño: Sobremesa artística’ na que pintarán en directo durante o evento.

A actividade cultural continuará na Pobra do Brollón na fin de semana seguinte coas Festas do Corpus na capitalidade municipal e concerto de Davide Salvado, o sábado, 10 de xuño.

ÚLTIMAS

“Xente que veu tocar a Sober hoxe está en orquestras europeas ou americanas de primeiro orde”, Luis Fernández Guitián

Luis Fernández Guitián é profesor de clarinete. Estudou no Conservatorio de Ourense, despois fixo...

A Mancomunidade de Concellos Galegos do Camiño Francés recibe a visita de 2 eurodiputados

O obxectivo central desta visita dos eurodiputados, Francisco Millán Mon e Nicolás González Casares,...

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...