HomeCulturaRecital de Miren Agur Meabe, Premio Nacional de Poesía 2021, no IES...

Recital de Miren Agur Meabe, Premio Nacional de Poesía 2021, no IES A Pinguela

Foi presentada por Olga, amiga e Premio Nacional de Poesía o ano anterior, en 2020.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Miren Agur Meabe Plaza (Lekeitio, Bizkaia, 1962) é unha escritora e tradutora en euskera. Foi galardoada co Premio Nacional de Poesía 2021 por “Nola gorde errautsa kolkoan” (“Cómo guardar ceniza en el pecho”) e veu a Monforte a pasada semana convidada polo equipo de Biblioteca Olga Novo para ofrecer un recital poético ao alumnado de 4º ESO A+B. Este recoñecemento a nivel nacional foi o primeiro que se lle outorgou a unha obra escrita en euskera.

Miren é diplomada en Maxisterio e licenciada en Filoloxía Vasca, e desde 1990 dirixiu a editorial Giltza-Edebé no País Vasco. Na actualidade, o seu traballo está centrado na tradución e na creación literaria. Como escritora, a súa obra desenvólvese sobre todo arredor da poesía e da literatura infantil e xuvenil.

Ao longo da súa carreira foi galardoada con outros premios e varias das súas obras foron traducidas ao
catalán, español e galego. Desde 2006 é membro colaborador da Real Academia da Lingua Vasca-Euskaltzaindia.

Olga Novo presentando a Miren Agur Meade. Foto: IES A Pinguela.

Dende a dirección quixeron salientar tamén que “foi un fermoso recital no que a poeta demostrou a súa implicación sabendo en todo momento conectar co alumnado”.

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...