HomeCulturaEste 28 de xuño, xornada de difusión da restauración da Capela das...

Este 28 de xuño, xornada de difusión da restauración da Capela das Reliquias dos Escolapios de Monforte

A cita terá lugar a partir das 20,30 horas e contará coa participación de María Dolores Lago Arce, adxudicataria do contrato de servizos impulsado pola Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Capela das Reliquias da igrexa do Colexio do Cardeal de Monforte de Lemos acollerá este mércores día 28 unha xornada de difusión dos traballos de restauración que se están a desenvolver neste espazo a través dunha achega de máis de 100.000 euros por parte da Xunta de Galicia.

A xornada dará a coñecer entre a veciñanza a actuación de mellora das condicións de conservación dos elementos singulares integrantes do patrimonio cultural da Ribeira Sacra para a súa difusión e posta en valor, como parte do compromiso da adxudicataria da obra incluído no contrato público.

O obxectivo da actuación, que está previsto rematar este verán, é reparar as patoloxías que presenta o retablo da capela, que consisten en problemas de ancoraxe ao muro con desprazamentos e perdas de pezas, así como no ataque puntual  de insectos xilófagos no soporte lígneo. En canto a policromía, presentaba oxidación de vernices, desnaturalización e manchas de ceras.

Para solucionalos, a intervención inclúea toma de mostras, a limpeza e desinsectación do retablo, consolidando tanto o muro traseiro como o soporte. Tamén se acomete unha limpeza e fixación da policromía e se trata cunha protección final. Estes mesmos tratamentos e intervencións aplícanse no teito policromados, nos relicarios e tallas. Así mesmo, recupérase o chan de pedra orixinal.

ÚLTIMAS

O Concello de Monforte contribúe á organización do Ciclo de Cine en versión orixinal da Escola Oficial de Idiomas

A programación desta nova edición comezou o 6 de novembro coa proxección de "La...

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...